Imprimir esta páxina

O Consello da Cultura Galega sae en defensa do Día das Letras a Filgueira

Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura Galega Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega

O seu presidente Ramón Villares cre que “non se deben facer escrutinios sobre os comportamentos ideolóxicos das persoas” e mesmo considera que se debe aproveitar o pasado franquista do homenaxeado o 17 de maio para “explicar mellor a complexidade daquel réxime”.

O presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, rebateu as críticas formuladas desde diversos ámbitos á Real Academia Galega pola decisión de dedicar o Día das Letras Galegas en 2015 a Xosé Filgueira Valverde polo seu pasado franquista, opinións coas que asegurou "non concordar".

O historiador, nunha entrevista en RNE, amosouse en contra de "facer unha especie de aduana ou de escrutinio sobre os comportamentos políticos, ideolóxicos ou relixiosos das persoas". "Non se pode negar que Filgueira Valverde foi alcalde durante o franquismo, pero quizais deberiamos aproveitar esta circunstancia para debater e explicar mellor a complexidade dese réxime", afirmou.

Ligazón ó artigo completo


 

Así o recolleu o portal Noticieirogalego.com

“Se temos que facer unha especie de alfándega ou de escrutinio sobre os comportamentos políticos, ideolóxicos ou relixiosos das persoas (…), hai que telo en conta, pero nas Letras Galegas o que vale é a obra”, defendeu.

Ao respecto, asegurou que aínda que “non se pode negar que Filgueira Valverde foi alcalde” durante o franquismo avogou por aproveitar a ocasión para “debater e explicar mellor a complexidade deste réxime”.

“Hai que ver a Filgueira como a moitos outros, proque moitas figuras da literatura galega tiñan unha biografía zizagueante, asi é a vida”, resolveu.

Por último, cuestionado ao respecto, considerou “unha irresponsabilidade e unha falta de profesionalidade” que algúns docentes se neguen a dar a coñecer entre os alumnos a figura deste escritor.