
Fundación Filgueira Valverde
Neste enlace poderás descargar unha das obras poéticas de Filgueira, publicada no número 7 do Caderno de Poesía "Albor" e 1941, editada por J. Díaz Jácome.
A "Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra" ofrecerá un concerto na Igrexa pontevedresa de San Francisco o 12 de abril ás 20:30.
A Fundación Penzol adicou o seu boletín Novas Penzol 9 ós fondos realizados por don Xosé e ós que sobre el mesmo existen nas súas instalacións.
O boletín é o resultado do coidadoso traballo do seu responsable, Silvestre Gómez Xurxo, e do persoal desa casa.
¡Desde a Fundación Filgueira Valverde dámosvo-la benvida!
Ben chegado o ano 2015, no que témo-la inmensa honra de homenaxea-la figura senlleira de Xosé Fernando Filgueira Valverde como autor escollido pola Real Academia Galega na celebración do Día das Letras Galegas 2015.
E benvidos vós a esta páxina web aínda en construción -confiamos na vosa comprensión persoal e cibernética ó respecto- coa que agardamos coñezades máis a fondo ó noso pai, profesor, erudito e admirado Filgueira.
No Altes Museum de Berlín hai un cadro redondo (Tondo severiano) no que Caracala fixo borra-la imaxe do seu irmán Xeta como tamén o borrou das moedas, do arco do Foro Romano e prohibiu a súa lembranza: foi a damnatio memoriae, «a condena da lembranza», a morte definitiva porque o que non se nomea non existe.