Actualidade (26)
A idea daquelas persoas que escribían sobre diferentes materias, que atesouraban coñecementos sobre múltiples ámbitos do saber, os polígrafos e polígrafas, “morreu cos últimos ilustrados do século XVIII”, sostén o presidente da Real Academia Galega.
¡Desde a Fundación Filgueira Valverde dámosvo-la benvida!
Ben chegado o ano 2015, no que témo-la inmensa honra de homenaxea-la figura senlleira de Xosé Fernando Filgueira Valverde como autor escollido pola Real Academia Galega na celebración do Día das Letras Galegas 2015.
E benvidos vós a esta páxina web aínda en construción -confiamos na vosa comprensión persoal e cibernética ó respecto- coa que agardamos coñezades máis a fondo ó noso pai, profesor, erudito e admirado Filgueira.