«Teito, escudo, sino que nos axunta, proba da nosa identidade. De feito, ¿sería Galicia, Galicia se non tivese unha lingua propia? Temos á man posuí-lo tesouro de dous idiomas, que nos abren, de mar a mar, as portas dos mundo: o galego-portugués chegou a inzar coa cosmovisión lusitana das Descobertas; o castelán é o verbo de vinte nacións que teñen acollido e dado segunda Patria a tantos emigrados nosos. O galego non é unha fala estranxeira en España, é unha lingua española. Somos donos do uso de dúas expresións e do gozo de dúas inmorrentes literaturas. E, sen mingua do dominio da lingua de Cervantes, acougamos no corazón da de Rosalía, íntima, lídima, natural…»
Retrato de Xosé Filgueira Valverde,
presidente do Consello da Cultura Galega
(1990-1996)
Autor: Rafael R. Masiá