Imprimir esta páxina

O arquivo en liña pasouoquepasou.crtvg incorpora vídeos sobre Filgueira Valverde

FilgueiraTVG

Con motivo da próxima celebración do Día das Letras Galegas, a canle de arquivo en liña do ente público galego pasouoquepasou.crtvg vén de incorporar 74 vídeos sobre esta efeméride cultural, nove deles de Filgueira Valverde. A través deste servizo de libre acceso pódense reproducir diversos materiais gráficos do arquivo da CRTVG e editados como secuencias curtas, en moitos casos con son orixinal.