Estudos

Estudos (23)

“Aínda non cumprira os vinte anos cando Filgueira Valverde escribiu 'Os nenos' un libro de creación literaria que dá as claves do que pensaba a xeración do Seminario de Estudos Galegos”, explicou Ramón Villares.

Descarga aquí a versión facsimilar publicada polo CCG

Ver noticia no portal do Consello da Cultura Galega

 

Corre o ano 1932. Na vila os nenos falan o castelán, algo agalegado. Na aldea, un galego rico en ditos. O señorito Juanito (ou Nito), como vive nun pazo, é mentalmente urbano e fala o castelán.

Aquí che presentámo-la obra de teatro de Filgueira Valverde. Nos enlaces que podes ver máis abaixo optar por descargala en dúas versións: a orixinal, tal e como el a publicou en 1936, maila actualizada á normativa.

Neste enlace poderás descargar unha das obras poéticas de Filgueira, publicada no número 7 do Caderno de Poesía "Albor" e 1941, editada por J. Díaz Jácome.

 

A Fundación Penzol adicou o seu boletín Novas Penzol 9 ós fondos realizados por don Xosé e ós que sobre el mesmo existen nas súas instalacións.

O boletín é o resultado do coidadoso traballo do seu responsable, Silvestre Gómez Xurxo, e do persoal desa casa.

Páxina 2 de 4

Á Cultura Galega

Quixera lograr destas páxinas miñas que fixesen ao lector amar, por coñecer, os vellos oficios da nosa terra, si é que mira con desdén a quen os exercen, si é que pasa con indiferenza ante obras fillas do seu esforzo, móstrense na dignidade dos museos ou sáianlle ao paso no "trivium" aldeán, no feiral, na rúa, no porto...

Información de contacto

 contacto (@) filgueiravalverde.gal
 +34 646 082 658
 Rúa Benito Corbal 19
36001 Pontevedra

Síguenos