Con esta elección sáldase unha débeda histórica que a RAG tiña con Filgueira Valverde. Destaca o seu irreprochable compromiso coa defensa e promoción da cultura galega, así como o seu legado intelectual que constitúe, pola súa amplitude e calidade, un dos máis importantes da segunda metade do séculos XX.
Filgueira era un sabio en moitos saberes: en arqueoloxía, en historia da arte, en folclore... e logo tiña dúas grandes especialidades: Compostela e Pontevedra; era o máximo pontevedrólogo que ten dado o mundo e un dos máximos santiagólogos. Despois da morte de Otero Pedrayo, Filgueira é o último polígrafo galego.
Xesús Alonso Montero.
Presidente da Real Academia Galega