Biografía
XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE (Pontevedra 1906-1996).
Sendo estudante en Pontevedra, desde os 13 anos, asiste ás xuntanzas de Losada Diéguez, Castelao e Casto Sampedro e ás de Pérez Costanti e Cotarelo, en Compostela, apaixonándose polo traballo de campo en equipo e interdisciplinar. De contado comeza a investigar e publicar e, antes dos 19, anos xa é correspondente da RAG.
Acada a Licenciatura en Historia en 1927 (Zaragoza) e en 1928 (Santiago) a Licenciatura en Dereito con Premio Extraordinario; en 1935 (Madrid); o doutoramento en Lingua e Literatura Galego-Portuguesa coa tese La Cantiga CIII: noción del tiempo y gozo eterno en la narrativa medieval). Tamén no 1935, aproba a Cátedra de Instituto de Lingua e Literatura Española. Catedrático en Lugo primeiro e dende 1939 en Pontevedra (director entre 1946-1976).
Participa na creación, en 1923, do Seminario de Estudos Galegos; en 1927, do Museo de Pontevedra (director entre 1940-1986); en 1944, do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos (presidente en 1972); en 1948, da pioneira Editorial Bibliófilos Gallegos; do Consello da Cultura Galega (presidente dende 1990); na recreación, con Díaz Pardo, do Seminario de Estudos Galegos (1978); na orientación cultural da Fundación Barrié.
Colabora (1936-1957) na elaboración d’O Gaiteiro de Lugo, folleto que fai monolingüe galego (chegáronse a vender 50.000 exemplares). Ordena e edita o Cancioneiro Musical de Galicia de Casto Sampedro (1942) e o Inventario de la riqueza monumental y Artística de Galicia; intervén na edición do Cancioneiro de Bal y Gay; e impulsa a primeira tradución da Biblia ó galego.
Investigador, escritor e xestor cultural, Filgueira (membro dunha ducia de Academias galegas, españolas e estranxeiras), contribuíu á comprensión do que foi, é e pode ser Galicia.
Bibliografía básica
-
Narrador
·Os nenos (1925). Descargar
·O Vigairo (1927)
·Quintana viva (1971) Descargar selección
-
Autor teatral
·Agromar. Farsa pra rapaces (1936)
Descargar -
Poeta lírico
·6 Cantigas de mar in modo antico (1941) Descargar
·Anxos de Santiago (1942)
-
Polígrafo
Máis de trescentos títulos de libros e monografías, entre os que el destacaba Literatura medieval·Camoens (1958)
·Historias de Compostela (1970)
·O Libro de Santiago (1948)
·Os Baldaquinos en Galicia (1930)
·Ordenou e editou o Cancioneiro Musical de Galicia de Casto Sampedro (1942)
·Interviu na edición do Cancioneiro de Bal y Gay
-
Articulista
·616 artigos só no Adral (1942), nove tomos e 3.034 páxinasEscolma de publicacións coas que colaborou
II Adral. Mestres e amigos. Castelao
II Adral. Mestres e amigos. Lousada Diéguez
II Adral. A Lingua e a Cultura
- 1