Filgueira Valverde gañou por un voto

A elección de Xosé Filgueira Valverde como o escritor ao que o próximo ano dedicáraselle o Día das Letras Galegas xerou máis polémica fóra que dentro da Real Academia Galega.

É certo que a votación foi moi rifada, xa que o pontevedrés só se impuxo na votación final a Celestino Fernández de la Vega por un único voto de diferenza, e tamén que varios académicos consideraron que a candidatura non era nestes intres a máis adecuada, pero tamén o é que a inmensa maioría aceptou o nomeamento sen maior discusión, ao menos durante o plenario, e que todos, tamén os que non lle votaron, recoñecen que Filgueira é merecedor da distinción pola súa vasta obra e pola defensa da cultura e da lingua galega, que é realmente o que se ten en conta, ao marxe do seu pasado como alcalde franquista de Pontevedra e persoa afín ao réxime.

Así ao menos o aseguran varios académicos consultados por La Voz, que negan que foran presionados na súa votación e que explican que Filgueira xa foi un firme candidato nos últimos cinco anos, e que nun deles perdeu tan so por un voto.

«A elección pode gustar ou non, pero a elección foi totalmente democrática e sen polémica ningunha. Si participamos nunha votación temos que asumilo resultado sempre que se faga limpamente, como foi o caso», explica Euloxio Rodríguez Ruibal, que defendeu a candidatura de Ricardo Carballo Calero, do que di que «xa é de xustiza que o nomeen algunha vez». «Deixemos a política a un lado, porque cando se mete nas cousas estrágase todo. Somos os académicos os que temos que elixir e se nos ten que deixar en paz», corrobora Xosé Fernández Ferreiro, que promoveu a candidatura de Xela Arias Castaño. «Para merecer o nomeamento -engade- non so hai que ser un gran escritor, senón tamén un gran galego, e é indubidable que Filgueira Valverde o era».

Francisco Díaz-Fierros, que leu ante o plenario da academia a defensa de Filgueira, tampouco entende a polémica.«Desta -di- nin sequera houbo debate sobre os candidatos, como ten pasado outras veces. Fixeronse as presentacións e logo votouse sen máis. Non esperábamos que a nosa decisión xerara esta polémica».

Enlace ó artigo

Á Cultura Galega

Quixera lograr destas páxinas miñas que fixesen ao lector amar, por coñecer, os vellos oficios da nosa terra, si é que mira con desdén a quen os exercen, si é que pasa con indiferenza ante obras fillas do seu esforzo, móstrense na dignidade dos museos ou sáianlle ao paso no "trivium" aldeán, no feiral, na rúa, no porto...

Información de contacto

 contacto (@) filgueiravalverde.gal
 +34 646 082 658
 Rúa Benito Corbal 19
36001 Pontevedra

Síguenos